O presidente de Aspronaga incorpórase a xunta directiva de Fademga Plena Inclusión Galicia

O presidente de Aspronaga, Álvaro Martínez García, foi elixido como un dos membros da novo xunta directiva da federación autonómica, Fademga Plena Inclusión Galicia. Así, por cuestións organizativas, o secretario de Aspronaga, Elías Palacio, deixa de formar parte da mesma, tras moito anos dun incesante e recoñecido traballo na entidade galega.

Doutra banda, Eladio Fernández foi reelixido como presidente da federación, polas 40 asociacións que actualmente a integran. Completan a xunta directiva Marcelo da Cruz (ASPAS), Mª Carmen González (ASPNAIS), Juan Luís Cortiñas (Prodeme), Josefa Rodríguez (ASPADISI), Amelia Branco (ASFAVAL) e José Manuel Carballo (ASPANAEX).

i n r f p s v t 0 1 2