Proxecto solidario:

Desde a aula Lila do colexio de Aspronaga, convídannos a participar no PROXECTO SOLIDARIO: "Ponte en mis zapatos" . É unha iniciativa solidaria onde os nenos españois poden axudar aos nenos refuxiados, que están a ver todos os días nos telexornais. Trátase de recadar zapatillas de deporte para nenos novas para os moitos quilómetros que quedan por andar. 

Todas as zapatillas que recademos enviaranas ao campo de refuxiados de Katsika (Grecia). Cada persoa, que queira participar, terá que traer unha caixa coas súas zapatillas deportivas novas. Dentro da caixa, poñerá unha foto, carta ou debuxo para que os nenos que a reciban saiban quen llas envía. A data límite de entrega é o 25 de Maio. Pódense entregar en calquera centro/servizo de Aspronaga. Esperamos que vos animedes a participar.



 

i n r f p s v t 0 1 2