Dúas artistas no colexio de Aspronaga

Estas semanas foron diferentes no colexio de Aspronaga. Por primeira vez, un colexio de educación especial participa no proxecto, impulsado pola Fundación Barrié, "Un artista na escola" e, podemos dicir, que foi un auténtico éxito. Un éxito dobre xa que o CEE A Nosa Señora de Lourdes participou con dúas unidades didácticas, unha impartida pola pintora, Carmina Serra, na Clase Lila e outra impartida pola actriz, Estíbaliz Veiga, na Clase Azul. Así, tanto alumnos coma profesores e artistas viviron unha experiencia única e inesquecible con grandes resultados...

 

"Eu"

A pintora, Carmina Serra, e a titora da Clase Lila, Raquel Quintela, traballaron conxuntamente no desenvolvemento da unidade didáctica titulada "Eu", co obxectivo de traballar os sentimentos a través da pintura e outras disciplinas artísticas. Así, empezaron a darlle voltas a como enfocar o proxecto, tendo varias ideas...que ao final se concretaron na realización do AUTORRETRATO. O obxectivo da unidade serían que observasen as características do seu rostro a través dun espello e que, con materiais acordes cos gustos de cada un, probasen e realizasen o seu orixinal autorretrato. Con todo preparado, tivo lugar a sesión práctica. O resultado fala por si mesmo, os que coñecen os alumnos e alumnas, non dubidan en identificalos...

Un artista en la escuela-Carmina Serra

"A COMMEDIA DELL'ART"

A COMMEDIA DELL´ART é unha forma de facer teatro que había en Italia hai moitos anos e que resulta que é moi interesante e divertida. Grazas á actriz, Estíbaliz Veiga, coñecemos algúns personaxes, como son, como se visten, como actúan... Para representar a algúns deles, fixemos nosas propias máscaras, centrándonos en tal e como somos; ensaiamos a nosa obra de teatro e, ante o noso compañeiros representámola. Iso si, a maioría da obra baseouse no máis difícil, a improvisación!

artista_escuela_estibaliz 

i n r f p s v t 0 1 2