Fotografíamos o Patronato da Fundación Emalcsa

Un ano máis, os fotógrafos de NwnPhoto foron os encargados de realizar a foto oficial do Patronato da Fundación Emalcsa. Enhoraboa a Jose, Vicente e Fernando por esa profesionalidade detráis do obxectivo!

Vamos ao super (12/05/2016)

Onte, un grupo de compañeiros do Centro de Día de Lamastelle foron de compras ao super. Para non esquecerse de nada, fixeron a lista da compra, escolleron os mellores produtos e pagaron na caixa. Xa no centro, eles e cada un dos seus compis de unidade fixéronse un completo sándwich vexetal. Debía de estar riquísimo porque non nos deixaron nin a proba!!!
Vamos al super

Unha vida máis fácil

Hoxe queremos ensinarnos "Son Cappaz" unha aplicación de móbil que nos fará a vida máis fácil. Podemos crear o noso propio calendario, desprazarnos sentíndonos máis seguros, gravar vídeos que nos mostren como facer as tarefas da vida diaria e pedir axuda, se a necesitamos. Próbaa e cóntanos a túa experiencia!

DESCARGATE SOY CAPPAZ

 

Emilia Pardo Bazán

Tras a visita á súa Casa Museo, o noso compañeiro, José Luis Sánchez, escribiu unha interesante reportaxe sobre a figura de Emilia Pardo Bazán. Non a coñeces? José Luis cóntanos todo sobre ela!. 

"Naceu en Coruña en 185 e morreu en Madrid en 1921. casa con José Quiroga e Pérez de Deza. Tivo tres fillos: Jaime, Branca e Carmen; e un neto do seu fillo Jaime, que tamén se chama Jaime. Casa museo é a súa casa natal e atópase na cidade vella da Coruña. Escritora e xornalista. Escribía novelas, poesías e artigos xornalísticos. En Madrid, dirixiu varias revistas e xornais. Na súa casa natal, situada en cálea Tabernas da Coruña celebrábanse faladoiros da alta sociedade coruñesa, que facían os seus pais. Sendo moi nena, pasaba moitas horas no terceiro piso da casa na biblioteca do seu pai. Alí escribía varias novelas. Dedicou artigos ás cigarreras da fábrica da Palloza, na cal as cigarreras protagonizasen un mitín esixindo melloras salariais. Na súa casa natal consérvanse algúns dos seus libros e artigos publicados no diario La Voz de Galicia. A súa familia adquire e moderniza o que é hoxe o Pazo de Meirás. Propiedade a día de hoxe dos descendentes do Xeneral Franco. Uns din que foi comprada á o familia Pardo Bazán, outros din que foi doada e outros que foi roubada polos Franco". 

 

José Luis Sánchez

Colaboramos co Concello da Coruña

Con motivo do Día da Muller, a Concellería de Igualdade e Diversidade presenta o vídeo "Abaixo vos muros patriarcais", dentro da campaña "Para todas,todo". Non vos perdades a participación de Aspronaga, coa intervención de Esperanza, Rosa e Mari Carmen. Parabén mozas!

i n r f p s v t 0 1 2