Proxecto "Axenda Cultural"

Comezamos coas probas de  testeo no Centro Ágora para crear rutas e itinerarios que melloran a accesibilidade cognitiva do edificio e dos servizos ofrecidos.
Creamos carteis con  pictogramas e códigos  QR.
Os carteis indican os puntos de interese do edificio.
Coa aplicación  Mefacilyta de Fundación  Vodafone España, as persoas colaboradoras consultan os códigos  QR e guíanse polos pasos marcados.
Ao finalizar, entrevistamos as persoas que participan e dannos as súas opinións sobre o proxecto.
As próximas semanas, continuamos coas probas de  testeo.
Ao acabar o  testeo comezamos coa implantación definitiva do proxecto.

 

Mefacilyta

En xullo mudámonos ao Centro Ágora para avanzar sobre o Proxecto de #TransformaciónDixital, que recibe o nome de “Axenda Cultural”.
Ata o momento creamos códigos  QR para proporcionar información acerca dos eventos culturais máis próximos a nós.
O noso equipo de traballo está a crear diversos apoios coa aplicación #Mefacilyta de Fundación  Vodafone España para mellorar a accesibilidade cognitiva e orientación dentro do Ágora. 
Traballamos para que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades de acceso á cultura e lecer. 


 

Coñecemos a Gaspi !!!!

 Gaspi é o noso novo compañeiro desde o mes pasado. Traballa en  Lamastelle e vive na Casiña. Catalina o entrevista para que o coñezamos todos un pouco máis. Benvido  Gaspi!

II Encontro de Autoxestores Aspace

O 11 de Maio, os nosos compañeiros Juan, Manuel, Javi e Marta asistiron ao Encontro de Autoxestores de Aspace Coruña. Gracias por invitarnos e Feliz 40 Aniversario!!!

 

Formamos a profesionais do CRB

O pasado 10 de maio,  o grupo de  Autogestores de  Aspronaga formamos aos profesionais do Centro Ricardo  Baró sobre os dereitos das persoas con discapacidade intelectual. Contámoslles as nosas experiencias e fixéronnos moitas preguntas!

i n r f p s v t 0 1 2