Validación de textos E Pensamento Libre

Este mes, un grupo de alumnas do  CEEPR @Ntro. Sra. de Lourdes

iniciamos un curso de Validación de Textos.

A validación é importante na lectura fácil.

Validar é comprobar se un texto adaptado enténdese.

En outubro tamén se retoman as sesións de Pensamento Libre.

Ambas as actividades son promovidas por Plena Inclusión Galicia

e coordínaas o Servizo de Lecer de  Aspronaga.

O poder das persoas, por Juan Otero

O venres 24 de setembro fun a Toledo a un encontro sobre o Poder das Persoas.

O encontro púidose ver na internet.

Eu viaxe con Antonio  Fuentetaja, xerente de Plena Inclusión Galicia, desde A Coruña.

O xoves fixemos unhas dinámicas para ver o que se falaba o venres.

Participaron autoridades como a Reina Dona Letizia, Pedro Sánchez, Emilio Paxe, Pablo Casado, Emilia Álvarez…

Presentouse a plataforma estatal de persoas con discapacidade intelectual

para reivindicar dereitos e como se toman as decisións de Plena Inclusión.

Por parte de Galicia, participou Horacio,  autogestor de Xoán XXIII de Pontevedra.

Son 23 persoas que representan a todas as persoas con discapacidade intelectual.

E tamén participei nun taller sobre imaxe social.

Juan Otero.

 

Enquisa participación

Enviámosvos información dunha enquisa que fai Plena inclusión España.
Plena inclusión España quere saber que podemos facer
para que participar nas organizacións sexa máis fácil.

Animámosvos a participar nesta enquisa e responder as súas preguntas.

Na enquisa, poden participar:

- Persoas con discapacidade.

- Familiares.

- Persoas con discapacidade.

- Profesionais.

- Outras persoas interesadas no tema.

Podes participar nesta enquisa ata o 30 de xuño de 2021.

VER ENQUISA

¡Gracias!

Día Contra a Violencia de Xénero

O pasado 25 de novembro, as mulleres e homes de  Aspronaga sumámonos á campaña do Día en Contra da Violencia de Xénero porque # VouTapadaNonCalada. 

Día Contra Violencia de Género CRB

Día Contra Violencia de Género Ocio

 

Coruña ao teu alcance

Coruña ao teu alcance. Ti es Coruña é un proxecto para mellorar a accesibilidade cognitiva na comunidade mediante a aplicación Mefacilyta da Fundación Vodafone. Se queres saber todo o que fixemos este ano, non te perdas este vídeo!

i n r f p s v t 0 1 2