Talleres Formativos

A Fundación Mulleres, organización sen ánimo de lucro, apoiada polo Ministerio de Sanidade e Servizos Sociais, púxose en contacto con Aspronaga, en Outubro de 2013, para invitarnos a participar no Programa Cidadanas, que actualmente ten en marcha, dirixido a mellorar a saude e calidade de vida das persoas, maioritariamente mulleres, que teñen ao seu cargo, no ámbito familiar, a atención dunha persoa dependiente. 

Talleres FormativosO devandito Programa contempla a organización e posta en marcha de Talleres Formativos que faciliten o intercambio de experiencias encamiñadas á adquisición de habilidades útiles para a vida cotiá, a xestión do tempo, a relaxación, etc.

Así, baixo o lema, "Se ti no te coidas, tampouco coidas á persoa dependiente",  un grupo de 13 nais de varios centros e servizos de Aspronaga inician un Taller de Saude e Autocoidado, que se imparte nunha única sesión de duas horas,  co fin de mellorar o seu benestar persoal, a sua calidade de vida, traballar aspectos coma a autoestima, a xestión do tempo ou para aprender a, simplemente, relaxarse.

 

i n r f p s v t 0 1 2