Fundación Tutelar Aspronaga

 

A Fundación Tutelar Aspronaga é unha entidade sen ánimo de lucro, independiente, con personalidade xurídica propia e que ten coma fin o exercicio da acción tutelar sobre persoas con discapacidade intelectual, previamente incapacitadas legalmente por un xuiz.

A Fundación Tutelar xorde no ano 1996 ao amparo da modificación do Código Civil, que permite a tutela por parte de persoas xurídicas. Así, nace promovida por Aspronaga e coa participación no seu Padroado, que é o órgano reitor, do Concello da Coruña, a Fundación Barrié e a Fundación Paideia. A orixe da Fundación Tutelar débese á necesidade dunha garantía de futuro das persoas con discapacidade intelectual, xa que un dos maiores problemas dos pais e a preocupación polo futuro dos seus fillos cando eles falten.
Neste momento, a Fundación Tutelar exerce a tutela de nove persoas con discapacidade intelectual.



SERVIZO DE ORIENTACIÓN FAMILIAR E ASESORÍA XURÍDICA

A Fundación Tutelar Aspronaga ofrece orientación familiar e asesoría xurídica a cargo dunha Traballadora Social e unha profesional da abogacía. Así, se apoia, acompaña e ofrece información, ás familias que o soliciten, sobre asesoramento e xestión en, sobre todo, os procesos de incapacitación, tutela e sucesión.

A Asesoría Xurídica é un servizo que se ofrece no só a Aspronaga, senon a calquer persoa, entidade ou familia que o precise no ámbito de A Coruña, atendendo, de forma gratuita, a todas as consultas e trámites legais relacionados coas persoas con discapacidade intelectual.
Este servizo funciona durante todo o ano (excepto xullo e agosto) un día á semana.



SERVIZO DE ASISTENCIA SOCIAL

A cargo dunha Traballadora Social, ademais das funcións de orientación familiar xa sinaladas, este servizo atende demandas de información sobre a finalidade e o funcionamento da Fundación Tutelar e os seus servizos.



SERVIZO DE PRETUTELA

Ofrécese información sobre trámites a seguir na tutela, documentación e seguimento das xestións iniciadas; así coma orientación e axuda á familia para afrontar o futuro con seguridade e serenidade, axudándolles a definir e planificar a garantía legal do seu familiar con discapacidade e a sua calidade de vida. Detéctanse situacións que requiren protección legal, tratando de evitar pérdidas de patrimonio e previndo situacións de desamparo.
A Fundación Tutelar Aspronaga recibe axudas do Concello da Coruña e a Deputación da Coruña.

Se desexa poñerse en contacto coa Fundación Tutelar Aspronaga pode chamar ao teléfono 981145418 ou escribir un e-mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

i n r f p s v t 0 1 2