Traxectoria

Trayectoria Aspronaga
1962. Un grupo de pais, preocupados por mellorar a calidade de vida dos seus fillos con discapacidade intelectual reúnense nun local de Cáritas de A Coruña. Nace a primeira Xunta Rectora de ASPRONAGA e se redactan os primeiros Estatutos.

1963. ASPRONAGA inscríbese formalmente no Rexistro de Asociacións. É a primeira de Galicia e das primeiras de España.

1964. Inaugúrase na Cidade Xardín o Colexio de Educación Especial Nosa Señora de Lourdes para ofrecer, por primeira vez, unha posibilidade de educación formal a este colectivo.

1966. Ponse en marcha o primer pretaller laboral nas instalacións da Cidade Xardín. Dende ese momento, ata 1975 créanse diversos talleres coma ganchillo, confección de alfombras e escaiola, encuadernación e imprenta.

1972. Nace o Clube Xuvenil Finisterre co fin de que as persoas con discapacidade intelectual desfruten do seu tempo de lecer mediante a inclusión social nas actividades da súa contorna.

1979. Inaugúrase o Centro Laboral Lamastelle en Oleiros, diversificando e ampliando os talleres da Cidade Xardín. Dende 1997, foise adaptando parte do centro ás características dos usuarios (idades avanzadas, maiores, necesidades de apoio...) mediante a creación de Unidades de Atención de Día.

1984. Inaugúrase a primeira das nósas residencias, o Fogar Residencia ASPRONAGA, na rúa Pla e Cancela de A Coruña, sendo únicamente masculina.

1986. O Fogar Residencia ASPRONAGA amplíase con dez prazas femeninas.

1989. Inaugúrase o Centro Ricardo Baró de atención a persoas con discapacidade intelectual gravemente afectadas. A apertura deste centro significou un avance moi importante, ao ofrecer servizos personalizados e integrais aos residentes e as suas familias.
Neste mesmo ano, ASPRONAGA crea o Centro Especial de Emprego “Hornos Lamastelle”, dedicado á elaboración de produtos de alimentación. Actualmente, o centro pertence, na súa maior parte, a COGAMI.

1994. Créase o Centro Especial de Emprego “Servicios Lamastelle S.L.”, no que traballadores con discapacidade fan tarefas de servizos para os centros de Lamastelle .

1996. Constitúese a Fundación Tutelar Aspronaga co obxectivo de informar e asesorar ás persoas con discapacidade intelectual e as súas familias, utilizando os medios legais dispoñibles para a defensa dos seus dereitos e intereses.

2002. Na finca de Lamastelle (Oleiros) inaugurase unha nova residencia, “La Casa de Lamastelle, con capacidade para vinte usuarios. 


2005. Comeza a implantarse, de forma paulatina, un sistema de Xestión da Calidade en todos os servizos da Asociación.

2007. O Centro Ricardo Baró convirtese no primer centro de ASPRONAGA que obtén a certificación ISO 9001:2000, concedida pola empresa AENOR.

2009. Todos os centros e servizos de ASPRONAGA desenvolven a súa actividade baixo o sistema de xestión de calidade certificado pola norma ISO 9001:2008 e EFQM. Inaugúrase o Centro de Día de Lamastelle.

2012. Aspronaga celebra o seu 50 aniversario cunha Exposición e varios actos adicados ás persoas con discapacidade intelectual, familias, traballadores, voluntarios e sociedade en xeral, co obxectivo de dar a coñecer a historia da asociación.

2019. Abre as súas portas na leira de  Lamastelle a Residencia Martín  Pou na que conviven 15 persoas con discapacidade intelectual con grandes necesidades de apoio. 

i n r f p s v t 0 1 2