Terapia e Rehabilitación

Centro Ricardo Baró

 

Terapia e Rehabilitación

No Centro "Ricardo Baró" creamos unha contorna de fogar que manteña ou potencie, ao máximo posible, as capacidades, tanto físicas coma cognitivas, dos usuarios, proporcionando os apoios necesarios e adaptado os aprendizaxes ás necesidades e idade cronolóxica dos mesmos.

 

ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA

Habilidades relacionadas co coidado persoal, Centro Ricardo Baró Actividades da Vida Diaria que comprenden actividades coma: hixiene e presenza persoal, lavarse, vestirse, comer axeitadamente, controlar os esfínteres, etc... Son conductas que supoñen un gran empurrón para a autoestima e un paso de xigante para a propia independencia, pois supon a chave, en moitas ocasións necesaria, para participar en outro tipo de actividades (por exemplo, de ocio). Trabállanse nas moitas oportunidades que, de forma natural, se presentan a lo longo do día.

 

ACTIVIDADES PARA LA VIDA NO FOGAR

Centro Ricardo Baró Actividades para la Vida no Fogar Así como nas actividades da vida diaria, inténtase traballar a independencia persoal; nas actividades para a vida no fogar, iníciase o traballo para acadar a independencia social. Preténdese que os usuarios cheguen a percibir a Residencia coma o seu fogar, síntanse o mais cómodos posible nela e a perciban coma algo propio. Para iso, traballamos o incremento na participación en todas as tarefas relacionadas co fogar (facer as camas, poñer/recoller mesas, ordenar armarios, etc) e a sua autonomía á hora de desplazarse pola Residencia e realizar actividades.

 

DESTREZAS SOCIAIS E DE COMUNICACIÓN

Centro Ricardo Baró Destrezas Sociais e de Comunicación

Traballamos a estimulación de conductas socialmente correctas (saudo social, esperar tanda, etc) e potenciadores da comunicación (pedir unha consumición, sinalar o que desexa, etc). Lévase a cabo en ámbitos naturais.

DESENVOLVEMENTO PSICOMOTRIZ, PLÁSTICO E FISIOTERAPÉUTICO

Hidroterapia
Forma lúdica de tratamento e relaxación na auga, que proporciona unha gran sensación de benestar.

Estimulación sensorial
Técnicas de relaxación, masaxe, estimulación sensorial ou táctil, etc... Dirixida aos usuarios con grandes necesidades de apoio, que participan moi pouco no resto de actividades programadas.

Centro Ricardo Baró Desenvolvemento Psicomotriz, Plástico e Fisioterapéutico

Actividades de plástica
Actividades que potencian a motricidade fina e que serven de base para a adquisición de habilidades de orde superior. Adáptanse á época do ano: disfraces en entroido, decoración para festas de cumpleanos, decorados e vestidos para obras de teatro...

i n r f p s v t 0 1 2