Educación Física e Voz Natura

Este curso, igual que nos pasados, o profesor de taller Juan Antonio, decidiu seguir co Proxecto Voz Natura. Desde E. Física pareceume moi interesante participar cun subproxecto chamado: "Coidate: Do refugallo ó deporte", onde realizamos material deportivo con residuos doutros materiais. Así que, coa axuda da clase Lila, Juan Antonio, e Iago, o noso alumno de prácticas de INEF (ademais dos alumnos do taller doutras aulas), decidimos facer unha Escaleira de Axilidade, un par de Valos Deportivos e un Soporte para Lanzar Aros. Os materiais deportivos quedáronnos xeniais e darémoslles un bo uso. Moitas grazas a todos!!!!

VALOS DEPORTIVOS // ESCALEIRA DE AXILIDADE  // SOPORTE PARA LANZAR AROS

i n r f p s v t 0 1 2