As aulas Branca e Rosa visitan o colexio Salesianos
O pasado 7 de Marzo, as aulas Branca e Rosa coas súas titoras e a profe de EF, Mar, foron realizar unha actividade lúdico- deportiva ao Colexio Salesianos con alumnos de 6º de Primaria. Participaron nunha Ginkana de actividades (lanzamento a canastra, pases co pé, tres en raia, sortear obstáculos) que prepararon os propios alumnos/as de Salesianos pensando nos nosos mozos/as. Pasárono fenomenal e puideron poñer en práctica aprendizaxes anteriores, demostrando os grandes deportistas que son. Esperamos repetir o próximo curso.