Proxecto Digicraft no noso Cole

O CEE Ntra Sra de Lourdes foi seleccionado para o Proxecto Digicraft, un proxecto piloto gracias á Fundacion Vodafone, Amtega e a Conselleria de Educación co que traballar de xeito transversal as competencias dixitais como unha oportunidade para un futuro mellor.
Das mais de 100 solicitudes, o noso é o unico Centro de Educacion Especial dos 50 centros de toda Galicia que durante 2 cursos experimentaremos a proposta didáctica, os materiais, as tablets e o kit Digicraft.

Digicraft

Os Nosos Valores-Escolas 110% Branquiazuis

O proxecto Os Nosos Valores- Escolas 110%  Branquiazuis deu onte os seus primeiros pasos dun 2019 no que espera levar o sentimento branquiazul a unha vintena de asociacións e escolas da cidade da Coruña e a súa comarca.

Alumnado do Colexio e profesorado fomos os encargados de inaugurar este ano esta actividade levada adiante pola OPINIÓN e a Fundación Real Club Deportivo, que se realiza en colaboración con  Vegalsa-Eroski.

A NOTICIA EN LA OPINION

Traballadores/as del BBVA, alumnado y profesorado compartimos unha xornada escolar

O o pasado xoves, 13 de decembro, presentamos o noso Centro a un grupo de traballadores e traballadoras do BBVA.

Ensinamos algúns dos proxectos que estamos a realizar e o traballo nas aulas, nunha mesa redonda que tivo lugar no salón do Centro. A isto dedicámoslle unha hora.

Despois do recreo, os nosos invitados/ as compartiron experiencias nas aulas.

Houbo charlas sobre o traballo nun banco que se impartiron nas nosas aulas.

Ademais puidemos compartir “a experiencia  maker” do noso centro e realizar conxuntamente uns talleres prácticos.

Esta actividade ten o fin de compartir o que facemos e achegar  a actividade do noso centro a persoas da nosa contorna mediante o que somos capaces de realizar cos apoios necesarios.

Foi unha xornada moi agradable e proveitosa para todos os que a vivimos.

Grazas ao BBVA por esta iniciativa e ao noso alumnado e profesorado por facilitar o levala a cabo.

Feria de Tecnoloxías Abertas

O pasado sábado, 10 de Novembro, levamos os nosos produtos de apoio á autonomía en IMPRESIÓN 3D para mostrar na  OSHWDem (Feira de tecnoloxías abertas) da DOMUS (A Coruña). 
Alí compartimos experiencias con compañeiros doutros colexios, institutos, entidades... etc.
A xente que foi á Feira interesouse moito polos nosos produtos. 
Encántanos participar nestes eventos. Para o ano, volveremos!

PRESENTACIÓN DE PRODUTOS

 

Saída a Alcampo

Para preparar a nosa visita a Alcampo partimos dun suposto práctico que nos axuda a organizar a visita. Silvia, Luís e  Uxia compartían un piso;  Jenni e Érika compartían outro. Os dous pisos tiñan mobles pero faltaban a lavadora e a televisión. Fóra do piso, na terraza , tiñamos un xardín pero faltábanos un anciño, un curta-céspede,  regaderas, mangueira, pas e luvas.
No piso dentro do cuarto de baño faltaban unhas toallas e aparte, non tiñamos alimentos .
Fixemos unha lista da compra para comprar todo o que necesitabamos . Fomos coa  profe a Alcampo. Tiñamos un orzamento de 200 euros cada un, 600 euros en total.
Ao chegar a Alcampo coñecemos a Rosa, foi a que nos ensinou o hipermercado e guiounos por alí.
Fomos primeiro a ver a sección de xardinería e comprobamos que alí tiñan o que nos facía falta, despois fomos á sección de electrodomésticos; comprobamos o prezo das televisións e as neveiras para comprobar se podiamos compralo tendo en conta o noso orzamento.
Fomos finalmente á sección de alimentos e alí collemos todo o que apuntaramos para os nosos almorzos como o leite e as galletas de froitas que teñen vitaminas. Compramos pasta porque decidiramos facer  macarrones con carne picada , queixo e salsa de tomate. Por último compramos verduras , plátanos, leituga e tomate.
Despois fixemos de caixeiros para pagar cada un/á súa compra e ao final fomos a unha oficina para comer pizza , patacas, galletas convidados polo Hipermercado.
Pasámosnolo/Pasámonolo moi ben, aprendemos moitísimo e gustaríanos volver .

i n r f p s v t 0 1 2