"Divertímonos": Mariola

Nesta fase final do proxecto, a 1ª actividade de comprensión é a realización dos materiais para a construción dos xogos. Nesta ocasión, pintamos a MARIOLA, coa colaboración dos pais e irmá de Noemí.

Reciclators (2ª Parte)

En tan só 2 SEMANAS, recollemos 74 MÓBILES=74 árbores que se PLANTARÁN grazas á colaboración de todos vós!!! Ademais, optamos a un dos premios que a Fundación Orange outorga aos alumnos que participaron e, de novo, temos que agradecer a vosa colaboración posto que, aínda que non nolo  confirmaron aínda e á espera dos resultados finais, a plataforma indica que estamos nos primeiros postos.

Obradoiro de Robótica no Liceo la Paz (16/02/2017)

Onte os mozos da Clase Vermella fomos ao colexio Liceo a Paz para levarlles as pezas que preparamos en clase para que monten 3 Escornabots. Levamos un de proba para facer a práctica da montaxe e que visen como funcionan. Os mozos de robótica do colexio Liceo, ensináronnos os seus proxectos de brazo robótico e detector de movemento. Moi chulos!! Grazas por compartir convosco a xornada e prometemos repetir.

Hermanamento entre escolas

Grazas á ONG Semente para o Cambio, a aula Lila fixemos un iramndamento coas escolas Learning Point e Montessory de Varanasi, India. Así, imos poder compartir o noso mundo con outros nenos que, aínda que están lonxe, tamén xogan, estudan, soñan... Ademais,  este proxecto vai permitir coñecer a súa forma de vida, a historia do seu país, observar as diferenzas e aprender outras realidades. Iremos informando!

Lectura con cans

O Programa R.E.A.D. de Lectura con Cans (Reading Education Assistance Dogs) mellora as habilidades de lectura dos nenos e nenas mediante a intervención de cans especialmente adestrados para ler con eles. Gracias a este programa da oferta educativa do Concello de A Coruña, 6 alumnos do noso Centro están a traballar con Guinda, a nosa cadela de lectura. O éxito do Programa radica na conexión emocional que se establece entre o can e o neno ou nena que le para o animal.

Os cans son os acompañantes ideais para a lectura porque eles:escoitan atentamente, axudan a relaxarse e disminúen a ansiedade, non xuzgan, non se burlan, non critican, son menos intimidantes que os compañeiros de clase ou que os adultos, deixan que o nino vaia ao seu propio ritmo, é moi agradable (os nenos poden acariciar ao can, tumbarse sobre él…) e ler co can é visto polo neno como un xogo, non como unha obrigación.

i n r f p s v t 0 1 2