Visita a AKI Oleiros

En marzo, o Cee Lourdes visitamos de novo AKI Oleiros. Coñecemos as instalacións e fixemos un taller divertido e cheo de ideas fáciles.A base de pinturas, madeiras e pinzas construímos uns porta-velas e uns porta-notas, para colgar os nosos mellores desexos para todos. Queremos agradecer o ben que nos trataron todos os traballadores de AKI OLEIROS e sobra dicir que encantounos a experiencia!

Semana Vocacional

A Clase Vermella participamos na Semana Vocacional do Colexio Calasanz PP Escolapios de A Coruña. Mirade que atentos están os alumnos de 2º e 3º ás explicacións de traballo coa impresora 3D!

Gañadores!

Ganadores!! Conseguimos o 4º posto no concurso Reciclators da Fundación Orange. Empezamos tarde pero conseguimos 74 móviles en 15 días. Parabéns e gracias a todos/as por participar!

Os robots volven á clase branca

A clase branca  traballamos as emocións coa axuda do Scornabot e a Realidade Aumentada. Unha nova forma de aprender e ensinar que captou toda a nos atención!

VER TODAS AS FOTOS

Educación Física e Voz Natura

Este curso, igual que nos pasados, o profesor de taller Juan Antonio, decidiu seguir co Proxecto Voz Natura. Desde E. Física pareceume moi interesante participar cun subproxecto chamado: "Coidate: Do refugallo ó deporte", onde realizamos material deportivo con residuos doutros materiais. Así que, coa axuda da clase Lila, Juan Antonio, e Iago, o noso alumno de prácticas de INEF (ademais dos alumnos do taller doutras aulas), decidimos facer unha Escaleira de Axilidade, un par de Valos Deportivos e un Soporte para Lanzar Aros. Os materiais deportivos quedáronnos xeniais e darémoslles un bo uso. Moitas grazas a todos!!!!

VALOS DEPORTIVOS // ESCALEIRA DE AXILIDADE  // SOPORTE PARA LANZAR AROS

i n r f p s v t 0 1 2