Christmas Carol

Os alumnos do  Aspronaga' s  English Club deséxannos a todos Bo nadal cantando o  Christmas  Carol. Non cho perdas!!!!!!!

Aspronaga's English Club

Este curso os alumnos do Cee Lourdes cruzamos fronteiras e ¡estamos aprendendo ¡inglés!
Alucina con todo o que aprendimos en tan pouco tempo...

Aula Maker

Os alumnos do cole participamos no proxecto  AyudanDONOS da empresa  Accenture, polo que os traballadores podían presentar unha iniciativa e logo tiñan que votar a que máis lles gustase. Fernando  Ude presentou a petición dunha Aula  Maker para o cole. Deixámosvos o vídeo que fixemos para que nos apoiasen!

Obradoiro Cofre do Tesoro en AKI

As clases Gris e  Vermella fomos ao  AKI en Oleiros a realizar un taller de decorado do “cofre do tesouro”. Pasámolo moi ben e temos unhas caixas  chulísimas, GRAZAS

A aula Vermella cruza fronteiras

Desde o Colexio estamos a participar no proxecto Erasmus+  GAMESP sobre robótica educativa pensada para alumnado con discapacidade intelectual. Partindo das actividades  de robótica que realizamos nas clases, estamos a traballar no deseño e desenvolvemento dun robot educativo con 10 unidades temáticas e as súas actividades para a aula e  online. Os 5 socios europeos e o asesoramento do CEE  Ntra  Sra de Lourdes para a  Direccion  Xeral de  Educacion,  Formacion Profesional e  Innovacion Educativa (socio promotor), reuníronse en  Lodz (Polonia) co primeiro deseño do robot e as unidades que teremos en breve no colexio para probalo nas clases.

Doutra banda, o pasado sábado 11 de Novembro, no Museo Domus da Coruña, a Clase Vermella tivo unha caseta na Feira  OSHWDEM para mostrar o seu traballo coa Impresión 3D e o proxecto nacional “Diversidade Impresa” no que participamos. Tanto pola mañá como pola tarde repartímonos en 2 grupos para que os mozos explicasen algunhas das pezas que tiñamos alí; ademais coñecemos a moitas persoas, sacámonos fotos… e a  Yeray ata lle fixeron unha entrevista para a TV!! Grazas a todas as persoas da organización que fixeron posible esta feira. Moitas grazas a Alex, Joan,  Yeray e ás súas familias por achegarvos ata alí

i n r f p s v t 0 1 2